Co domingo chega a última xornada do Castelo Conta deste ano e, para rematar cun perfecto sabor de boca, clausuramos a edición coa presenza de Sito Sedes no contexto dunha sesión vermú. Ningún plan mellor para un domingo de verán.
A voz deste recoñecido cantante galego, xunto co seu amplo repertorio, trasladaranos á década dos 70, amosando a súa colaboración coa orquestra Os Satélites para, finalmente, achegarnos aos nosos días, a través da súa participación na orquestra Garufa e de Siboney, o seu último traballo discográfico.
A sesión terá lugar o día 28 ás 14:00h, na polideportiva de Castelo.