Coñece os espectáculos e os seus protagonistas.

Tone Martinez e un veciño de Castelo, con boina e bastón, falando no escenario durante as xornadas de tradición oral Contos de Castelo en 2019
Contos de Castelo
Os Contos de Castelo son xuntanzas das e dos maiores da parroquia nas tardes do Castelo Conta. Teñen por obxectivo poñer en común sabedoría e lembranzas, pero tamén facer posible un momento de encontro polas festas, só para falar.
Carlos Blanco e Xosé Touriñán, sentados no escenario cunhas chaquetas brillantes, durante o espectáculo Somos Criminais 3
Somos Criminais 3
En Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.
María Xosé Silvar, alias Sés, pousando á cámara deitada e cos brazos tatuados detrás da cabeza
Sés
A cantora coruñesa en formato acústico no Castelo Conta.
Os membros do grupo de folk-rock psicodélico Moura, pousando á cámara nun lugar montañoso
Moura
Liserxia pangalaica, catarse cósmica e druídica da man do conxunto coruñés.
Unha nena toca unha guitarra imaxinaria durante o campamento infantil Xente Miúda do Castelo Conta 2019
Xente Miúda
Xente miúda do Castelo Conta é a programación do festival pensada para as cativas e cativos. O obxectivo transversal de todas as actividades previstas ao longo da semana é o de que as e os miúdos aprendan da importancia da oralidade e a súa conservación, das…
As Fillas Bravas de Momán
Son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai. Un espectáculo con perspectiva de xénero da compañía Chévere.
O músico Xurxo Fernandes, no escenario tocando a pandeireta
Xurxo Fernandes
É unha das voces máis singulares do panorama actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición grazas ao seu vasto coñecemento do eido da creación popular colectiva.
Saaabor!
Un espectáculo cómico con Félix Rodríguez e Fran Rei que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público.
Pakolas
Por este alter ego coñece a rapazada a Paco Cerdeira, autor e compositor, músico e produtor de música pensada para os miúdos.
Un home vestido do Quixote lendo un libro, un momento da obra "Quixote" da compañía Pedras de Cartón
Quixote
Cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, Pedras de Cartón fan unha viaxe polas escenas máis icónicas da novela de Cervantes.
O vocalista Sito Sedes, cantando durante unha verbena
Sito Sedes
Unha das mellores voces da historia da música galega para o peche desta edición.