Estiveches este sábado en Castelo? Viñeches camiñar con nós pola parroquia, coñecer os veciños e veciñas e rir con Carlos Blanco e Luis Davila? Pois podes buscarte e descargar as fotos no álbum que temos en Flickr!
A Andaina é un dos pratos fortes do Castelo Conta. Centos de persoas achegádesvos a Castelo para pasar un día de natureza, música e humor coa mellor compañía. Nesta ocasión, logo de xantar para coller forzas para a longa xornada que había por diante, botamos a andar na compaña de Xosé A. Touriñán, Pepo Suevos e David Amor cara Xalo, primeira das paradas deste ano. Acompañados da charanga e da barra móbil, chegamos á casa do Ferrador, onde Carlos Blanco ofreceu o primeiro dos espectáculos do día. Alí, Luis Davila personalizou o “C” do Castelo Conta cos seus debuxos.
Continuou o camiño cara Castelo de Abaixo, onde recuperamos forzas cunha pequena merenda a base de froita e empanada e seguimos viaxe cara Vilaverde, onde puidemos gozar da música e o baile antes de afrontar a última costa ata Folgueira, onde Carlos Blanco e Davila agardaban na Leira de Himerio para ofrecer a súa función antes da cea.
Un día de festa, en familia e cos amigos, da que seguro que se estiveches volviches con novos amigos e con gana de máis festa o ano que vén!
Podes facer clic nesta galería para ir á páxina de Flikr do Castelo Conta e descargar as fotos.