O día grande: xantar, andaina, cea e monólogos

SÁB 27 AGO
Desde as 14.00
Parroquia de Castelo
15-45€

O sábado 27 é o día grande en Castelo. Comezamos cun xantar preparado polos veciños, seguido dunha andaina contando contos. Á noite, cea no campo da festa e despois, música e os monólogos de Touriñán e outros humoristas.

O Día Grande do Castelo Conta será o sábado 27 de agosto. Comeza o día co xantar organizado polos veciños de Castelo para coller forzas para a Andaina na que percorremos os diferentes lugares de Castelo. Nesta ocasión, Carlos Blanco e Luis Davila serán os encargados de amenizar as paradas deste percorrido pola nosa vila.

O conxunto Galifunk Brass abrirá unha noite chea de música, humor e festa na polideportiva. O espectáculo de monólogos contará nesta ocasión con Xosé A. Touriñán, Noemi Rodríguez, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Carlos Blanco, Isabel Risco, Darlene Rodríguez, Javier Veiga, David Amor, David Perdomo e Patricia Castrillón.

A festa continúa coa música de Los Mecánicos e alongarase coa sesión de DJ Mínimo na madrugada.

Opcións de compra en Ataquilla:

  • A: Monólogos + cea + andaina e xantar: 45€
  • B: Monólogos + cea: 25€
  • C: Só monólogos: 15€
  • D: Só andaina e xantar: 25€

Para comprar entradas coas opcións A, B ou C, visita a páxina do espectáculo en Ataquilla. Primeiro selecciona a zona na que queiras o teu asento para os monólogos. Despois escolle as butacas libres facendo click nelas sobre o plano. Unha vez seleccionadas as butacas, na parte inferior aparece un menú despregable onde podes escoller a opción A, B ou C. Se só queres comprar entrada para andaina e xantar (opción D), selecciónaa no primeiro paso.

Noticias relacionadas