O mércores, día 24, Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xabier Díaz, en conxunto, acompañarannos no Castelo Conta. Nesta xornada, contaremos con tres figuras de renome na música galega de raíz, quen empregarán a propia experiencia musical para dar vida ao propio trío.
Nestas Versións Ultramarinas os tres artistas interpretarán algúns dos seus temas favoritos, achegándonos a súa propia versión dos mesmos. Así, nunha sesión en acústico, que terá lugar ás 20.30 horas en Folgueira, poderemos desfrutar desta proposta íntima que mestura tradición e vangarda.
A entrada é de balde, mais para poder asistir será necesaria a previa retirada de convites, tanto a través da web como nos puntos asignados para a venda física.