Moura é unha banda galega de recente formación, malia contar cunha formación de artistas con ampla bagaxe musical. Este grupo de músicos -composto por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Alberte e Belém Tajes- afonda e fusiona as influencias do krautrock e o folk co rock progresivo dos anos 70. A banda mestura diferentes xéneros e elementos para dar luz a misticidade galega.
Así, a psicodelia, o folk e o kraut son empregados para reconectar cos elementos místicos e folclóricos propios da terra galega. A banda combina instrumentos propios do rock con aqueles de carácter tradicional como a zanfona, os pandeiros e tamén as pandeiretas.
Estes seres mitolóxicos, as Mouras, sairán a superficie o venres 26 para impregnarnos coa beleza da súa música. Na polideportiva de Castelo, ás 00:00h. Entrada de balde!