Somos Criminais 3 regresa este verán cunha única data e será no Castelo Conta! Unha única oportunidade de gozar deste espectáculo logo da exitosa xira de presentación na que acumulou máis de 26.000 espectadores.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán puxeron en marcha esta terceira parte logo do éxito de Somos Criminais, o espectáculo que máis entradas vendeu na historia de Galicia. E a segunda? É que como segundas partes nunca foron boas, Touri e Carlos pasaron directamente a Somos Criminais 3.
Na primeira parte, Carlos e Touri tentaban explicar se había un crime autóctono galego, en Somos Criminais 3 intentarán descubrir se os galegos somos criminais no sentido menos criminal do termo. Que somos moito sabémolo ben, pero é certo que temos unha forma propia de ser e estar no mundo? Son certos eses mil tópicos que circulan sobre nós? Somos diferentes, parecidos ou iguais ao resto do mundo?
Así, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para descifrar como somos e descifrar por que somos como somos. Somos Criminais 3 é un espectáculo completamente novo que conta coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.
Faite coa túa entrada!
Aínda hai entradas dispoñibles para o esspectáculo que terá lugar na polideportiva o xoves 25 de agosto ás 22.00 horas. Podes mercalas facendo clic aquí.