Do 22 ao 26 de agosto, as mañás do Castelo Conta serán para as e os máis pequenos. De 10.00 a 14.00 horas, a cativada desfrutará na polideportiva de numerosas actividades logo dun almorzo con Deleite. Teremos xogos tradicionais todos os días, aprenderemos a crear un espectáculo de teatro musical que logo representaremos, descubriremos as posibilidades do papel para crear obxectos e animais…
Todas as actividades teñen como un dos seus principais obxectivos concienciar, mentres nos divertimos, da importancia do coidar e protexer a nosa contorna e a todas as especies que viven con nós en Castelo. Por iso tamén subiremos ao Xalo, para aprender sobre as nosas prantas e árbores; faremos unha plantación de especies autóctonas, un obradoiro de autocultivo para colleitar as nosas propias verduras e legumes e crearemos un hoteliño para insectos co que aprenderemos o beneficiosos que son para a nosa horta!
Como inscribirse para a Xente Miúda do Castelo Conta?
Para anotar aos miúdos tes que cubrir o formulario para solicitar unha praza e nos próximos días contactaremos contigo para confirmarche a inscrición e xestionar o pagamento. O prezo é de 60€ por cativo ou 40€ no caso de anotar varios irmáns.