Os Contos de Castelo son xuntanzas das e dos maiores da parroquia nas tardes do Castelo Conta. Teñen por obxectivo poñer en común sabedoría e lembranzas, pero tamén facer posible un momento de encontro polas festas, só para falar.
Tone Martínez conduce estes encontros cos nosos veciños máis veteráns. Unha oportunidade única para coñecer as nosas historias, lendas e festas de primeira man. Cada día, as conversas mudarán de lugar para ir coñecendo mellor a nosa vila e o noso xeito de ser, tamén unha oportunidade de sentar a falar e coller forza para a noite.
- O luns, en Castelo de Abaixo
- O martes, en Folgueira. Homenaxe a Finita Gay
- O mércores, en Folgueira.
- O xoves, en Vilaverde
- O venres, en Xalo. Proxección de fotos e películas en Super8