O acceso a case todas as actividades do Castelo Conta é libre e gratuíto, pero hai algúns eventos que requiren un convite, unha entrada ou facer a inscrición. Podedes facervos con elas facendo clic aquí ou no apartado entradas desta web.
Para a Xente Miúda do Castelo Conta, é necesario facer a inscrición. O prezo é de 60€ por cada neno ou nena ou 40€ por cada un no caso de anotar varios irmáns. Podedes inscribir aos miúdos aquí.
Este ano, temos dous espectáculos que requiren retirar unha entrada: Somos Criminais 3 e o concerto de Xabier Díaz e Guadi Galego. Podedes mercar as vosas entradas aquí ou na web de Ataquilla. Como vén sendo habitual, tamén haberá que mercar unha entrada para as actividades do sábado, o Día Grande do Castelo Conta. Para este día, hai 4 posibilidades: Mercar a entrada para todas as actividades do día, só para a Noite de Monólogos, para a Noite de Monólogos e a Cea e só para o Xantar e a Andaina.
Tamén desde hoxe xa podedes conseguir aquí os convites para o concerto de Sés, e aquí para o de Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. A cantora coruñesa estará o martes 23 en Folgueira en formato acústico, repasando o seu repertorio e traendo novas músicas a Castelo. O mércores, Guadi, Xabier e Guillerme ofrecerán un concerto no que interpretarán algúns dos seus temas e versións favoritas en formato trío; unha ocasión única para gozar co talento destes tres grandes da música galega.