Xente Miúda

LUN 22 - VEN 26
De 10:00 a 14:00
Folgueira
60€ (40€ por irmán)

Xente miúda do Castelo Conta é a programación do festival pensada para as cativas e cativos. O obxectivo transversal de todas as actividades previstas ao longo da semana é o de que as e os miúdos aprendan da importancia da oralidade e a súa conservación, das diferentes linguaxes da comedia, e das diferentes formas de gozar dunha festa para todas e todos. Tamén explorarán e coñecerán os elementos de flora e fauna da contorna e o seu valor.

– Xogos tradicionais con Dinamo
– Creación dun espectáculo teatral-musical
– Obradoiro de papiroflexia
– Andaina polo Monte Xalo con contidos sobre flora
– Obradoiro para a creación dun refuxio de insectos
– Plantación simbólica no Xalo de especies autóctonas
– Obradoiro de autocultivo
– Almorzo diario con Deleite

  • LUGAR: Polideportiva de Castelo (Culleredo)
  • IDADES: 5 a 12 anos
  • HORARIO: Do luns 22 ao venres 26 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas
  • SERVIZOS: Almorzo todas as mañás, presenza dun monitor por cada cinco nenos/as.
  • PREZO: 60 euros por un neno, 40 euros por irmán (prezo para toda a semana).
  • MÁIS INFORMACIÓN: Por e-mail en ola@casteloconta.gal, ou por Whatsapp: 34689882972.

Noticias relacionadas