Hoy puede ser mi gran noche

MAR 23 AGO
22.00
Folgueira
De balde

Unha festa teatral, un monólogo cómico e musical a cargo de Noemi Rodríguez e Darlene Rodríguez.

‘Hoy puede ser mi gran noche’ é unha festa teatral, un monólogo cómico e musical que conta a fascinante historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e as súas fillas, cuxa máxima aspiración é chegar a ser como o seu pai.

Neste espectáculo, Noemi Rodríguez e Darlene Rodríguez despréganse en  múltiples voces para facer unha viaxe ao pasado, a un mundo cheo de exotismo co fin de entender o que quixeron ser e o que realmente son. Unha obra divertida, valiente e profunda, unha celebración do que xa non está, o que puido ser e non chegou a ser; un canto aos perdedores, aos que nunca deixan de agardar o seu momento.

Noticias relacionadas