Sabela e Antía forman este dúo que crea a súa propia linguaxe a partir da música de raíz.
Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, acumulan, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto en Galicia, o seu lugar de orixe, como no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.