Sés

MAR 23 AGO
20:00
Folgueira
De balde, con convite

A cantora coruñesa en formato acústico no Castelo Conta.

SÉS é o fenónemo musical dos últimos anos da escea galega. A chegada desta cantora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma tamén en cifras, 7 discos en 9 anos, miles de copias vendidas, chegando a ter dous discos entre os máis vendidos do estado, “Opoñerse á extinción” e “Liberar as arterias”, e miles de entradas vendidas nos seus concertos, esgotando as entradas en todos os recintos galegos e tamén en cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Bilbao. En 2020 cruzou o charco nunha xira que a levou a Arxentina, Uruguai, Paraguai e O Salvador. 

En 2020 cruzou o charco nunha xira que a levou a Arxentina, Uruguai, Paraguai e O Salvador. Cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011, SÉS, triunfou na Galiza e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espazo tamén para a alma de “cantareira” que hai no seu interior.

Chega este ano a Castelo en formato acústico para compartir as súas últimas cancións e os temas máis recoñecidos da súa traxectoria.

Noticias relacionadas