Dous referentes da música galega chegan a Castelo acompañados das súas respectivas bandas.
Guadi e Xabier levan cantando e tocando desde moi novos e nestes anos non deixaron de investigar, experimentar, aprender e levar a música galega a lugares que antes non tiña chegado.
Xabier Díaz e Guadi Galego son dúas das personalidades máis recoñecidas da música de raíz galega. Con ampla experiencia en diferentes formacións e cunhas sólidas carreiras en solitario.
Guadi Galego chega a Castelo dentro da xira de ‘Costuras’, presentando temas do seu último traballo discográfico. Xabier Díaz vén acompañado das Adufeiras de Salitre, co seu amplo repertorio.